Vocación de liderado
A Coruña non pide permiso, pide paso. Como a urbe máis dinámica do país e cabeceira dunha área urbana que se aproxima ao medio millón de habitantes, a nosa cidade ten vocación de liderado. Precisa dar un salto na súa gobernanza coa constitución dunha Área Metropolitana plena e configurarse como un actor decisivo máis alá dos seus límites administrativos. Para isto, é preciso impulsar unha axenda urbana compartida polos principais actores económicos e sociais e esixir do resto das administracións o esforzo debido en materia de investimento e infraestruturas.