Cambio climático
Non hai outro planeta, e o que temos depende, en boa medida, do que fagamos nas cidades. A loita contra o cambio climático é unha prioridade, e temos que librala en múltiples frontes, dende a xestión dos residuos sólidos urbanos ou a transición enerxética, para a que crearemos un novo operador público, até o cambio nos hábitos de consumo, a mudanza do noso modelo produtivo sen deixar a ninguén atrás e a naturalización da cidade mediante a planificación da infraestrutura verde.