Xustiza social

O mundo que sae da crise económica que arrasou a vida de miles de familias hai unha década é un mundo peor. As nosas cidades, se non o remediamos, serán cada vez máis desiguais. Garantir rendas mínimas para unha vida digna, multiplicar as axudas de emerxencia, aumentar os equipamentos, rescatar as persoas e impulsar políticas valentes de xustiza social para garantir dereitos básicos e igualdade de oportunidades é obrigado. Unha cidade que deixa atrás a súa xente non merece ese nome.