Igualdade de xénero
Vivimos no século das cidades, que é tamén o século das mulleres. Elas, como as cigarreiras da Coruña hai máis dun século, están a protagonizar a maior revolución dos nosos días. Elas, como lle pasa á Coruña, non piden permiso. Piden paso. E temos que estar á altura. A igualdade de xénero, en todas as súas manifestacións, dende o combate contra a violencia machista até a feminización da nosa sociedade, é a clave de bóveda de calquera proxecto transformador. Non é unha opción, é a forza da historia. Todos os días teñen que ser 8 de marzo.