Dereito á cidade
Temos dereito á cidade. A imaxinala, a construíla e a gozar do que produce, porque é o que producimos nós. Dereito a que nos coide. Dereito en igualdade, en todos os barrios, sexamos quen sexamos. Dereito ao espazo público, a unha vivenda digna, a respirar aire limpo, á información, á tecnoloxía, á mobilidade, a xogar, a usar os equipamentos públicos, á saúde, ao deporte, a participar da toma de decisións.