Proximidade

Os concellos son o rostro cotián do sector público, as administracións máis achegadas á cidadanía. A democracia empeza no local, a primeira porta na que peta un cidadán ou unha cidadá cando o precisa. Pero hai algo máis. O poder da proximidade é a capacidade para levar adiante un proxecto de convivencia máis alá das competencias concretas e o reto de resolver os problemas que outras administracións non son capaces de ver ou non queren atender. Con todas as mans. A iso é ao que paga a pena chamar municipalismo.