Unha cidade para o pequeno comercio
#CoruñaComercio
A Coruña é unha cidade cunha longa tradición comercial. Nos últimos catro anos deixamos atrás o modelo de proliferación de grandes superficies situadas na periferia, que favoreceu unicamente ás grandes empresas e supuxo o peche de numerosas tendas no centro e nos nosos barrios. No seu lugar, apostamos forte polo fomento do comercio local. O pequeno comercio sostén a vida nos barrios, activa a economía, achega produtos de proximidade e crea emprego de calidade. Por iso, aspiramos a reforzar a relación do Concello con este sector e axudar a que siga medrando e modernizándose, con iniciativas como unha plataforma para a compra dixital, mercadiños urbanos estables ou campañas de sensibilización, sempre da man do sector.
- Realización continua de campañas de concienciación e sensibilización sobre a necesidade de comprar no comercio de proximidade.
- Posta en marcha dun Pacto Local polo Comercio coas entidades de comercio e consumo da cidade onde impulsar un Plan de Dinamización Comercial para o período 2019-2023.
- Mercadiños urbanos estables en catro barrios da cidade ao servizo do tecido comercial de cada zona.
- Ampliación do programa de formación persoalizada in situ Tendas a Exame.
- Creación dunha plataforma dixital de compra online para o pequeno comercio coruñés.
- Elaboración de guías turísticas de comercio local no que se inclúan rutas de compras e establecementos emblemáticos.
- Celebración dun outlet estacional de outono e dun congreso anual sobre comercio para estudar a evolución do sector.
- Posta en marcha de liñas de axuda á modernización dixital dos nosos comercios e á mellora e renovación da súa accesibilidade e rotulación exterior.