Coidados
A medida que as nosas sociedades se volven máis complexas e a precariedade se instala nas nosas vidas, necesitamos máis coidados e novos coidados. Dende o local temos a responsabilidade, ás veces por enriba das nosas posibilidades orzamentarias, de dar resposta a esas novas demandas, incrementar as axudas á dependencia, facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e reconstruír lazos comunitarios para combater a soidade non desexada.