Cooperación

As cidades xa non se gobernan no reservado dun restaurante. As cidades con futuro son aquelas capaces de integrar a participación aberta da xente e o tecido da cidadanía organizada cunha aposta por unha nova clase de liderado institucional, capaz de ofrecer un marco común de cooperación ao conxunto dos actores sociais e económicos e ás distintas administracións que teñen algo que dicir nunha cidade, dende a Unión Europea aos gobernos autonómicos.